As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo estudantado en entidades externas á universidade

O principal valor engadido do Mestrado Universitario en Avogacía e Procuradoría é a oferta de Prácticas Externas, que se inclúe no Plan de estudos, e que permite ao alumnado aplicar os seus coñecementos ao exercicio profesional durante o primeiro e o segundo curso do mestrado.

Contido e resultados

O artítgo 13 do Real Decreto 64/2023, de 8 de febreiro, prevé que a formación orientada á obtención do título profesional para o exercicio da Avogacía e Procuradoría deberá comprender o desenvolvemento de prácticas externas tuteladas.

O programa de prácticas terá, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
  • Familiarizarse có funcionamento e a problemática de institucións relacionadas có exercicio da avogacía e, no seu caso, da Procuradoría.
  • Coñecer a actividade do resto de operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados có exercicio da profesión.
  • Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así coma acerca dos instrumentos para a súa xestión.
  • Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da Avogacía e, no seu caso, da Procuradoría.

Estrutura

Prácticas Externas Básicas (6 ECTS)

Realízanse durante o segundo cuadrimestre do primeiro curso académico do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría, cun número de 6 ECTS que se concretan en 150 horas de prácticas en Despachos de profesionais da avogacía e procúraa de recoñecido prestixio, Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penais, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial) e outras entidades colaboradoras (asesorías xurídicas de empresas).

Prácticas Externas (24 ECTS)

Realízanse durante o primeiro cuadrimestre do segundo curso académico do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría, cun número de 24 ECTS que se concretan en 600 horas de prácticas fundamentalmente en Despachos de profesionais da avogacía e procúraa de recoñecido prestixio, combinándose con prácticas en Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penais, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial) e outras entidades colaboradoras (asesorías xurídicas de empresas).

Organización

A organización das prácticas externas depende directamente da persoa coordinadora profesional, que actuará en colaboración coa persoa que exerza a vicecoordinación profesional.

Durante o desenvolvemento das Prácticas Externas Básicas (as do primeiro curso – 150h.) e Prácticas Externas (as do segundo curso – 600h.) cada estudante terá un seguimento personalizado permanente, ao contar cun/a titor/a profesional (un/a avogado/a ou procurador/a en exercicio con máis de 5 anos de experiencia profesional) e un/a titor/a académico/a (un/a profesor/a universitario/a con docencia no mestrado). Ademais, nas institucións colaboradoras distintas dos despachos dos profesionais da avogacía e procúraa tamén haberá un/a titor/a que recibirá, atenderá e asesorará a cada estudante.

Personal Titor académico

Mª Dolores Fernández Fustes / Virxilio Rodríguez Vázquez / Mónica Siota Álvares

 

Normativa de prácticas

Normativa de prácticas externas