Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Prácticas externas 2017-2018

Asignación de entidades de prácticas


Calendario de asignación de entidades 2017/2018
ProcesoData
Publicación da oferta de prácticas: 3 de xullo de 2017
Prazo de presentación de solicitudes: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Resolución provisional de asignación de despachos: 11 de xullo de 2017: listado
Reclamacións fronte á resolución provisional: ata o 18 de xullo de 2017
Resolución definitiva de asignación de despachos: 21 de xullo de 2017: listado
Depósito do documento de formalización do compromiso de prácticas 1: ata o 27 de xullo de 2017
Comezo das prácticas: 4 de setembro de 2017
Finalización das prácticas 2: 17 de xaneiro de 2018

1 Formalización do compromiso de prácticas: Os alumnos deberán elexir unha das prácticas ofertadas e asinar o compromiso do estudante, antes de comezar as prácticas. Para que a práctica quede formalizada, o titor profesional, titor académico e estudante, deberan asinar a formalización da práctica (anexo II do regulamento de prácticas externas). Dito documento deberá estar depositado a disposición do coordinador de prácticas antes do día 28 de xullo de 2017.

2 Finalización de prácticas: Os alumnos teñen de prazo para facer entrega da memoria de prácticas externas xunto co informe do estudante (anexo IV) ata o día 17 de xaneiro de 2018 ás 14:00 horas.


Procedemento de asignación de entidades ao alumnado 2017-2018


De acordo co artigo 7 do Regulamento de Prácticas externas do Mestrado Universitario en Avogacía da Facultade de Dereito:

  1. No cuadrimestre anterior ao comezo das prácticas, a comisión académica do mestrado (CAM), por proposta do coordinador/a profesional do mestrado, publicará a oferta de prácticas e fará constar, na medida do posible, os seguintes datos:
    • O nome ou razón social da entidade colaboradora onde se desenvolverá a práctica, con indicación das prazas ofertadas por cada unha delas.
    • O centro, localidade e dirección onde terán lugar.
    • O proxecto formativo, actividades e competencias que se desenvolverán.
    • As datas de comezo e fin das prácticas, así como a súa duración en horas, con indicación do número de horas diarias de dedicación ou xornada e horario asignado.
    • O titor/a académico e profesional asignado a cada praza.
  2. A citada oferta será obxecto de publicidade entre o alumnado a través dos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito e da páxina web do Mestrado universitario en avogacía.
  3. Abrirase un prazo non superior a dez días para que o alumnado lle manifeste as súas preferencias por escrito ao coordinador/a profesional do mestrado (modelo de solicitude, anexo I).
  4. Corresponderalle realizar unha proposta de asignación ao alumnado das prazas de prácticas externas ao coordinador/a profesional do mestrado, tendo en conta os seguintes criterios, na orde de prelación que veñen establecidos, e garantindo, en todo caso, os principios de transparencia, publicidade, accesibilidade universal e igualdade de oportunidades:
    • As preferencias do estudantado.
    • Criterios obxectivos de mérito e capacidade resultantes da nota media do expediente académico da titulación de acceso para a materia Prácticas Externas Básicas e das avaliacións do período formativo do mestrado para a materia Prácticas Externas.
    • A adecuación do currículo de cada estudante ás características propias da actividade profesional desenvolvida no despacho e na área de traballo das prazas ofertadas.
    No caso de discapacidade do alumno/a, outorgaráselle prioridade co obxecto de que poida optar a empresas en que estean aseguradas todas as medidas de accesibilidade universal, incluídas as referidas ao transporte para o seu traslado e acceso a estas.
  5. Esta proposta será elevada á CAM, que aprobará e publicará unha resolución provisional de adxudicación das prácticas ofertadas. O alumnado que non estea conforme con ela contará cun prazo de cinco días hábiles para presentar as súas reclamacións ante a CAM, que as resolverá no prazo máximo de sete días hábiles e ditará a resolución definitiva de asignación das prácticas.
  6. O alumnado deberá elixir unha das prácticas ofertadas e asinar o compromiso do/a estudante antes de comezar as prácticas. Unha vez aceptada unha das prácticas non poderá cambiala. E para que a práctica quede formalizada o titor/a académico, o titor/a profesional e o/a estudante deben asinar a formalización da práctica (anexo II, formalización da práctica académica externa). O documento deberá estar depositado a disposición do coordinador/a de prácticas antes do seu comezo.