Antes do comezo das clases, a Facultade de Dereito organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Máster Universitario en Avogacía

A Xornada de acollida 2021/2022 celebrarase o vindeiro 27 de setembro de 2021 na Sala de Videoconferencia da Facultade de Dereito a partir das 10.00 horas.

Os obxectivos desta xornada son:

  • Facilitar ao estudantado o tránsito desde o grao ao posgrao.
  • Presentar ao estudantado o Máster en Avogacía da Facultade de Dereito.
  • Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e, en concreto, na Facultade de Dereito.

Xornada de acollida 2021/2022