O deseño e implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) é competencia da Facultade de Dereito. O Mestrado Universitario en Avogacía, como todas as titulacións adscritas á Facultade de Dereito, adhírese a susodito SGC.

O Sistema de Garantía Interna de Calidade do centro constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua da Facultade de Dereito e das súas titulacións oficiais. Neste sentido, hai que sinalar que o R.D. 1393/2007 de 29 de outubro de 2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

O RD 420/2015, de 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios determina, pola súa banda, que, para obter a acreditación institucional, os centros universitarios deberon obter a certificación da implantación do seu SGC e ter renovado a acreditación inicial de acordo ao procedemento xeral de, polo menos, a metade dos títulos oficiais de grao e máster que se imparte no centro. Non obstante, no caso de que un título, ou máis, se imparta en varios centros da mesma universidade -como sucede co Grao en Dereito e o Máster universitario en Avogacía-, non se poderá solicitar a acreditación dos centros implicados ata que se renove a acreditación do título ou títulos en cuestión

Certificado de Avaliación do deseño do SGC (Facultade de Dereito)

Documentación do SGC

 

Resultados do título

 

Seguimento do título