Inicio

Benvidos á paxina web do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría

 

O Mestrado universitario en avogacía e procuradoría caracterízase por ter orientación profesional no marco das profesións reguladas de avogado/a e procurador/a. Réxese polo disposto na Lei 15/2021, do 23 de outubro, pola que se modifica a Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais e no Real decreto 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da avogacía e a procuradoría.

Conforme a normativa actual, este mestrado é un requisito imprescindible para exercer a avogacía e a procuradoría. Estes estudos preparan o estudantado para afrontar as probas habilitadoras para o exercicio da avogacía e da procuradoría, ao tempo que forman o futuro/a profesional. Ademais, a súa finalización permite o acceso aos estudos de doutoramento regulados polo Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento (modificado polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo).

A organización e a impartición deste mestrado é o resultado do traballo conxunto da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo e o Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense e o Ilustre Colexio da Procuradoría de Ourense, conforme o convenio de colaboración académica subscrito entre estas institucións.

Xornada de acollida

Xornada de acollida

Antes do comezo das clases, a Facultade de Dereito organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría

A Xornada de acollida 2024/2025 celebrarase o vindeiro 14 de outubro de 2024 na Sala de Videoconferencia da Facultade de Dereito a partir das 10.00 horas.

Máis información

A organización e impartición deste máster é resultado do traballo conxunto da
Facultade de Dereito da Universidade de Vigo e do Ilustre Colexio de Avogados
de Ourense, conforme ao convenio de colaboración académica suscrito entre
ambas institucións.

Dereito

ICA