Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Prácticas Externas

O principal valor engadido do Mestrado Universitario en Avogacía é a oferta de Prácticas Externas, que se inclúe no Plan de estudos, e que permite ao alumnado aplicar os seus coñecementos ao exercicio profesional durante o primeiro e o segundo curso do Mestrado.


Contido e resultados


As Prácticas Externas ofertadas no mestrado consistirán en acompañar aos avogados en asistencias do turno de oficio, presenciar consultas do servizo de orientación xurídica, asistir a todo tipo de actuacións procesais e participar en todas as actividades colexiais.

Ditas prácticas permitirán obter ao estudantado os seguintes resultados:

  • Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
  • Familiarizarse có funcionamento e a problemática de institucións relacionadas có exercicio da avogacía.
  • Coñecer a actividade do resto de operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados có exercicio da profesión.
  • Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así coma acerca dos instrumentos para a súa xestión.
  • Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado.

Estrutura


Prácticas Externas Básicas

Desenvolveránse durante o segundo cuadrimestre do primeiro curso académico do Mestrado Universitario en Avogacía, cun número de 6 ECTS que se concretan en 150 horas de prácticas en Despachos de avogados de recoñecido prestixio, Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penitenciarios, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial) e outras entidades colaboradoras (asesorías xurídicas de empresas).


Prácticas Externas

Desenvolveránse durante o primeiro cuadrimestre do segundo curso académico do Mestrado Universitario en Avogacía, cun número de 24 ECTS que se concretan en 600 horas de prácticas fundamentalmente en despachos de avogados de recoñecido prestixio, combinándose con prácticas en Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penitenciarios, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial) e outras entidades colaboradoras (asesorías xurídicas de empresas).


Organización


A organización das prácticas externas depende directamente do Coordinador Profesional do Mestrado.

Durante o desenrolo das Prácticas Externas Básicas (as do primeiro curso -150 h.) e Prácticas Externas (as do segundo curso – 600 h.) cada alumno terá un seguimento persoalizado permanente, ao contar cun titor profesional (un avogado en exercicio con máis de 5 anos de experiencia profesional) e un titor académico (un profesor universitario con docencia no Mestrado). Ademáis, nas institucións colaboradoras distintas dos despachos de avogados tamén haberá un titor que recibirá, atenderá e asesorará a cada alumno.