CON-01
Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento.

CON-02
Describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses.

CON-03
Identificar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social da persoa que exerce a avogacía ou a procuradoría.

CON-04
Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional.

CON-05
Identificar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes en cada situación e contexto.

CON-06
Formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual.

CON-07
Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.

CON-08
Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais.

CON-09
Identificar os actos xurídicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscrición rexistral.

HAB-01
Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

HAB-02
Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos.

HAB-03
Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.

HAB-04
Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais.

HAB-05
Aplicar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio.

HAB-06
Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.

HAB-07
Confeccionar técnicas de traballo en equipo dirixidas a lograr unha maior eficiencia mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.

HAB-08
Planificar a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes ao que se dirixa.

HAB-09
Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares.

COMP-01
Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.

COMP-02
Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento.

COMP-03
Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais.

COMP-04
Coñecer e aplicar as técnicas máis pertinentes en cada caso dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigacións tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cuantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a tutela xudicial efectiva dos dereitos das súas persoas representadas.

COMP-05
Crear a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes aos que se dirixe, e establecer un protocolo de xestión económica e fiscal para o despacho profesional, de compliance e de protección de riscos laborais e de datos de índole persoal.

COMP-06
Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais.

COMP-07
Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais.