Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Coordinación

Coordinadora académica

Mª Dolores Fernández Fustes

Despacho 4.34 da Facultade de Dereito
Campus As Lagoas s/n, 32004 Ourense

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Funcións do Coordinador académico


  • Supervisar a elaboración das guías docentes de cada un dos módulos formativos, elaboradas polos responsables das materias e revisadas polos coordinadores dos módulos, así como do seu correcto cumprimento ao longo do curso académico.
  • Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa formativo.
  • Elevar á Comisión Académica cantas propostas considere oportunas para o mellor funcionamento do plan formativo.
  • Calesqueira outras que resulten da normativa vixente na Universidade de Vigo ou da regulación interna da Facultade de Dereito, como derivado inmediato dalguna das competencias que lle corresponden ao Centro.

Funcións do Coordinador profesional


  • Elaborar a proposta do Plan de Prácticas, e o seu cronograma, para sometelos á aprobación da Comisión Académica
  • Propoñer á Comisión Académica a designación dos tutores de prácticas
  • Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa de prácticas
  • O Coordinador Profesional desenvolverá e coordinará os 30 créditos ECTS correspondentes ás prácticas externas. Para iso seleccionará os despachos, institucións ou entidades onde se realicen, así coma os tutores e colaboradores que as dirixan. Determinará o plan detallado, calendario e horario de prácticas e establecerá os mecanismos de control precisos para a comprobación da súa axeitada realización e aproveitamento, todo iso conforme ao establecido na Lei e no Regulamento de Acceso, así como na memoria para a verificación do título do mestrado.