O artigo 33 da Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario, baixo a rúbrica “Derechos relativos a la formación académica”, dispón que “En relación con su formación académica, el estudiantado tendrá los siguientes derechos (…): e) A las tutorías y al asesoramiento, a la orientación psicopedagógica y al cuidado de la salud mental y emocional, en los términos dispuestos por la normativa universitaria. h) A la orientación e información sobre las actividades que le afecten y, en especial, a un servicio de orientación que facilite su itinerario formativo y su inserción social y laboral”.

Pola súa banda, el artigo 9 do Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario que regula os dereitos específicos do estudantado de mestrado prevé no seu apartado e) que teñen entre os seus dereitos, o de “recibir orientación y tutoría personalizadas, para facilitar el rendimiento académico, la preparación para la actividad profesional o la iniciación a la investigación”.

Neste sentido, o Plan de acción titorial (PAT) da Facultade de Dereito configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria para as titulacións de grao e mestrado do centro. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, para favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está a finalizar os seus estudos.

O PAT supón apostar por un modelo educativo no que conflúen xunto coa vertente académica, orientada á transmisión de coñecementos, funcións socioeducativas, máis centradas no desenvolvemento persoal do estudantado e baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-estudante, estudante-estudante etc.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, que normalice as distintas accións e alcance un adecuado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

Neste contexto, é importante destacar algún dos principios recollidos dunha forma ampla tanto no sistema de garantía de calidade da Facultade de Dereito como nas memorias dos seus títulos e que este plan trata de garantir: a adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, a adquisición de competencias do estudantado, a atención á diversidade, a orientación á aprendizaxe, a procura dunha igualdade de xénero…

Plan de Acción Titorial 2024/2025

Plan de Acción Titorial (con vixencia permanente desde o curso 2021/2022)