Acceso á profesión de avogado

A Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais regula o réxime de acceso á profesión de avogado en España. Esta lei foi desenvolvida polo Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o regulamento da mesma. Este Regulamento prevé os requisitos para obter o título profesional de avogado, os elementos esenciais da formación especializada, así como o periodo de prácticas externas que deben superar os aspirantes a exercer de avogado e a acreditación da capacitación profesional a través dunha avaliación final.

O artigo 7 da Lei 34/2006, de 31 de outubro, configura a avaliación da aptitude profesional como a culminación do “proceso de capacitación profesional” e “ten por obxecto acreditar, de xeito obxectivo, a formación práctica suficiente para o exercicio da profesión de avogado ou da profesión de procurador, así como o coñecemento das respectivas normas deontolóxicas e profesionais”.

Para máis información sobre esta avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado véxase a Guía Práctica Informativa (2015).

Proba de Acceso – Convocatoria 2020

(datos orientativos, a convocatoria publicarase en decembro de 2019)

Data de realización: xx de abril de 2020

Lugar de realización:
Axencia Galega de Seguridade Pública
Avda. da Cultura, s/n, 36.680 – A Estrada (Pontevedra)

Hora do exame
10.00 horas
Realizarase un único chamamento e excluirase do exame aos que non comparezan ou non o fagan provistos de DNI (ou outro documento identificativo)

Aulas de exame:
Distribución de aulas

Instrucións para a realización do test
Nota informativa sobre a proba

Notas de exame:
x de maio de 2020
Nota informativa sobre a publicación de calificacións
Anexo – aspirantes que deben presentar documentación

Consulta as túas notas

 

Edicións anteriores

Preguntas do exame
2019 | 2018 | 2017 | 2016 | 2015

Respostas do exame
2019 | 2018 | 2017 | 2016 | 2015

Incidencias e comunicación

+34 91 390 21 78
acceso.abogacia@mjusticia.es