Composición

  • Presidenta: Prof.ª Dra. Mª Dolores Fernández Fustes (PCD de Dereito Procesual)
  • Vicepresidente: D. Benjamín Mayo Martínez (Coordinador profesional do título)
  • Secretario: Prof. Dr. Roberto O. Bustillo Bolado (PTU de Dereito Administrativo)
  • D.ª Pilar López-Guerrero Vázquez (Decana do Colexio de Avogados de Ourense)
  • Prof.ª Dra. Marta Fernández Prieto (Decana da Facultade de Dereito – PTU de DTESS
  • Prof. Dr. Virxilio Rodríguez Vázquez (PCD de Dereito Penal)
  • Prof.ª Dra. Mónica Siota Álvarez (PCD de Dereito Financeiro e Tributario)
  • Dª. Antonia Conde López (Avogado)
  • D. Arturo Mosquera Diéguez (Avogado)
  • D. Pablo Guntiñas Fernández (Avogado)

 

Conforme ao establecido no Convenio de colaboración académica entre a Universidade de Vigo e o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense de 16 de maio de 2012, son funcións da Comisión Académica as seguintes:

  • Impulsar o cumprimento do obxecto do presente convenio polas partes.
  • Propoñer o regulamento do réxime interno da propia comisión que deberá ser aprobado pola Comisión de Estudos de Posgrao.
  • Aprobar os horarios de docencia, as probas de avaliación e a asignación das aulas de maneira coordinada cos centros de adscrición.
  • Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (cumprimento de horarios de clases e titorías), velar pola dispoñibilidade dos espazos (aulas, equipos de videoconferencia, etc).
  • Seleccionar ao estudantado admitidos no programa.
  • Emitir informe para o recoñecemento de competencias e equivalencia de títulos estranxeiros de fóra do EEES.
  • Formular as demandas de recursos humanos e materiais, debidamente xustificadas.
  • Seleccionar ao estudantado para bolsas ou estadías de mobilidade noutros centros ou institucións nacionais e do Espazo Europeo de Educación Superior baixo os principios de igualdade e concurrencia competitiva.
  • Elaborar e aprobar anualmente as guías docentes da titulación e remitilas ao centro para a súa aprobación pola Xunta del Centro seguindo a normativa establecida ao efecto.
  • Elaborar e aprobar anualmente a Planificación Docente Anual (PDA).
  • Aprobar anualmente o cadro de profesorado da titulación, así como a asignación de dito cadro ás materias do plan de estudos e remitilo á Comisión de Estudos de Posgrao para a súa aprobación.
  • Elaborar e aprobar anualmente a asignación de horas do profesorado dacordo ao establecido no correspondente contrato programa.
  • Aprobar anualmente o cadro de persoal titor de prácticas de acordo co seu cronograma.
  • Elaborar e aprobar o orzamento anual da partida económica asignada á titulación e aprobar, ao peche do ano económico, a correspondente memoria económica á execución dos gastos realizados.
  • Aquelas recollidas no Regulamento de Réxime Interno da Comisión Académica do Máster.
  • Calquera outra función relacionada coa formación prevista neste convenio e que non esté asignada legalmente a órganos da universidade e do colexio de avogados.

 

Actas

 

Acordos

 

Orzamento e Memoria Económica