Coordinación académica
Conforme ao establecido no Regulamento de Estudos de Posgraduado da Universidade de Vigo, o título ten unha persoa coordinadora académica que será un/a profesor/a doutor/a con vinculación permanente a tempo completo ou, de ser necesario, un/unha profesor/a Axudante Doutor/a, os cales necesariamente deberán ser docentes do mestrado. Esta persoa será designada pola Facultade de Dereito a proposta da súa Decana/o.
Son funcións do coordinador/a académico/a:
- Supervisar a elaboración das guías docentes de cada un dos módulos formativos, elaboradas polos responsables das materias e revisadas polos coordinadores dos módulos, así como do seu correcto cumprimento ao longo do curso académico
- Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa formativo
- Elevar á Comisión Académica cantas propostas considere oportunas para o mellor funcionamento do plan formativo
- Calesqueira outras que resulten da normativa vixente na Universidade de Vigo ou da regulación interna da Facultade de Dereito, como derivado inmediato dalguna das competencias que lle corresponden ao Centro
Coordinación profesional
O título ten unha persoa coordinadora profesional, que actuará en colaboración coa persoa que exerza a vicecoordinación profesional. A persoa coordinadora profesional será designada pola Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, a proposta da súa Decana/o; e a persoa vicecoordinadora profesional será designada pola Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Procuradores de Ourense a proposta da súa Decana/o.
Son funcións do/a coordinador/a profesional:
- Elaborar a proposta do Plan de Prácticas, e o seu cronograma, para sometelos á aprobación da Comisión Académica
- Propoñer á Comisión Académica a designación dos tutores de prácticas
- Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa de prácticas
O coordinador/a profesional, en colaboración coa persoa que exerza a vicecoordinación profesional, desenvolverá e coordinará os 30 créditos ECTS correspondentes ás prácticas externas. Para iso seleccionará os despachos, institucións ou entidades onde se realicen, así como o persoal titor e colaborador que as dirixan. Determinará o plan detallado, calendario e horario de prácticas e establecerá os mecanismos de control precisos para a comprobación da súa idónea realización e aproveitamento, todo iso conforme ao establecido na Lei e no Regulamento de Acceso, así como na memoria para a verificación do título do mestrado.
Coordinadora académica
Mª Dolores Fernández Fustes
Despacho 4.34 da Facultade de Dereito
As Lagoas s/n, 32004 Ourense
Coordinador profesional
Benjamín Mayo Martínez
Mayo y Méndez Abogados
Paseo 10, 3ºD, 32003 Ourense