Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Proba de avaliación

Acceso á profesión de avogado


A Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais regula o réxime de acceso á profesión de avogado en España. Esta lei foi desenvolvida polo Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o regulamento da mesma. Este Regulamento prevé os requisitos para obter o título profesional de avogado, os elementos esenciais da formación especializada, así como o periodo de prácticas externas que deben superar os aspirantes a exercer de avogado e a acreditación da capacitación profesional a través dunha avaliación final.

O artigo 7 da Lei 34/2006, de 31 de outubro, configura a avaliación da aptitude profesional como a culminación do “proceso de capacitación profesional” e “ten por obxecto acreditar, de xeito obxectivo, a formación práctica suficiente para o exercicio da profesión de avogado ou da profesión de procurador, así como o coñecemento das respectivas normas deontolóxicas e profesionais”.

Para máis información sobre esta avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado véxase a Guía Práctica Informativa (2015).


Proba de Acceso - Segunda Convocatoria 2017


Data de realización: sábado, 28 de outubro de 2017

Prazo de Solicitude de admisión: do 27 de xullo ao 16 de agosto de 2017
ACCESO Á SOLICITUDE TELEMÁTICA

Lugar de realización:
Por determinar (primeira quincena de setembro)

Hora do exame
Por determinar
Realizarase un único chamamento e excluirase do exame aos que non comparezan ou non o fagan provistos de DNI (ou outro documento identificativo)

Aulas de exame:
Por determinar

Instrucións para a realización do test

Nota informativa sobre a proba

Lista definitiva de admitidos e excluídos

Incidencias e comunicacións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 91 390 21 78.