Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes sobre a proba


O Ministerio de Xustiza convocará a proba de acceso ao exercicio da avogacía –como mínimo– con carácter anual.

A convocatoria de 2016 adiantouse ao 27 de febreiro de 2016 (ver nota informativa).

Na convocatoria fixaranse as comisións avaliadoras e as súas sedes. Galicia solicitou –na convocatoria de 2015– a súa propia sede, realizándose o examen no Instituto Galego de Seguridade Publica (A Estrada). Previsiblemente esto seguirá sendo así e os/as aspirantes que cursen o seu master no sistema universitario de Galicia realizarán a proba na comunidade autónoma.

Para solicitar a admisión á proba de acceso, os/as aspirantes deben:

  • Estar en posesión do título de licenciado/a ou Graduado/a en Dereito ou, no seu caso, titulacións estranxeiras homologadas.
  • Ter superados os cursos de formación comprensivos do conxunto de competencias necesarias para o exercicio da profesión de avogado, e o período de prácticas externas tuteladas, acreditados conxuntamente polo Ministerio de Xustiza e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e inscritos no Rexistro Administrativo do Ministerio de Xustiza establecido ao efecto, dacordo có dispuesto nos artigos 6 a 8 do Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais, aprobado polo Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño.
  • Ser maior de idade e non estar inhabilitado para o exercicio da profesión de Avogado.

Publicada a convocatoria, os/as aspirantes dispoñen dun prazo de 30 días hábiles –a contar dende o día seguinte á publicación da mesma– para presentar as súas solicitudes.

As solicitudes poden presentarse na sede electrónica do Ministerio de Xustiza, ou descargando o modelo de solicitude e presentándoo a través de Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, rúa Bolsa, número 8, 28012 Madrid, puidendo remitirse tamén por correo certificado ou presentarse en calquera das dependencias aludidas no meritado artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Na solicitude incluiráse unha declaración responsable de cumprir os requisitos para realizar a proba e, no seu caso, autorizaráse a consulta telemática dos datos dos/das aspirantes –a fin de axilizar o proceso–.

Transcurrido o prazo para presentar solicitudes, publicaráse a lista provisional de admitidos e excluidos, concedendo un prazo de 10 días para alegacións.

Resoltas las alegacións, publicaráse a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluidos xunto ao lugar, data e hora do exame.

  1. O chamamento a exame: O chamamento a exame comezará polo menos unha hora antes do inicio da proba. Realizaráse un único chamamento, por orde alfabética, quedando excluidos os/as aspirantes que non comparezan.
    Cada aspirante deberá comparecer provisto de DNI –ou documento identificativo valido– a fin de identificarse ante a comisión avaliadora, quedando excluido do proceso aquel que acuda sen o mesmo.
  2. Desenvolvemento da proba: O exame comezará á mesma hora en todo o territorio nacional. A hora fixaráse cando se fagan públicas as sedes de exame.
    O/a aspirante recibirá unha folla de respostas –por triplicado, en papel de calco– e un cadernillo coas preguntas do examen. O exemplar do examen entregaráse plastificado e o/a aspirante non poderá abrilo ata que llo indiquen os membros da comisión avaliadora.
    A folla de respostas conta con tres casilleiros de opcións. O primeiro corresponde á parte xeral do temario, cun total de 50 preguntas máis 6 de reserva. No segundo casilleiro se atopan as opcións da materia específica civil, coas súas 29 preguntas –contén unha pregunta específica de dereito foral, según a procedencia dos/das aspirantes– máis 2 de reserva. Por último, o terceiro casilleiro contén 25 preguntas máis 2 de reserva das materias específicas penal, administrativa e laboral.
    Os/as aspirantes deberán contestar as preguntas da parte xeral e elexir solo unha das materias específicas. A tal fin, marcarán a especialidade elexida no apartado de materias específicas e consignaran as respostas no casilleiro que corresponda.
  3. Rematada a proba, o/a aspirante entregará a folla de respostas –firmada– á comisión avaliadora que –tras selar a mesma– lle devolverá unha das copias ao aspirante.
    O/a aspirante conservará o cadernillo de preguntas e unha das copias da folla de respostas.
  4. A proba ten unha duración máxima de 4 horas. Os/as aspirantes non poderán abandozar a aula de exame durante a primeira hora da proba nin durante a derradeira media hora.
    Unha vez –o/a aspirante– conclúa a súa proba, sin perxuízo do sinalado no párrafo anterior– poderá entregar o exame e abandonar o recinto.

A proba avaliaráse sobre 75 puntos; as respostas correctas sumarán 1 punto, as incorrectas restarán 0,33 puntos e as respostas non contestadas non obterán ningunha calificación.

Tras a realización do exame, publicaráse a plantilla provisional de respostas, concedendo un prazo de 5 días naturais, a contar dende o día seguinte ao da súa publicación, para impugnar as que o/a aspirante crea convinte.

Resoltas as impugnacións publicaráse a plantilla de respostas definitivas e as calificacións obtidas por os/as aspirantes, que poderán consultarse, de xeito individual, na sede electrónica do Ministerio de Xustiza.

A calificación da proba de acceso será de Apto ou Non Apto e poderá consultarse –de xeito individual– na sede electrónica do Ministerio de Xustiza.

Para superar a proba os/as aspirantes teñen que acadar unha calificación de 5 sobre 10. Esta media calcularáse ponderando a nota media do máster –ou curso de acceso–, que será o 30 % da calificación final, e a nota da proba –tamén sobre 10–, que será o 70 % da calificación.

A estos efectos, o alumno deberá abonar os dereitos de expedición do título del máster –ou curso de acceso– con anterioridade á realización da proba, a fin de que poda consultarse a nota media do seu expediente.

Aqueles/as aspirantes que acaden a calificación de apto, deberán solicitar ao Ministerio de Xustiza –no prazo que se estableza ao efecto– a expedición do Título Profesional de Avogado.

Xunto á solicitude, deberá aportarse:

  • Fotocopia compulsada do título de Licenciado en Dereito, Graduado en Dereito ou de outro título universitario de Grao equivalente que reúna os requisitos establecidos no artigo 3 do Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais, aprobado polo Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño ou, no seu caso, unha fotocopia compulsada das certificacións sustitutorias provisionais dos mesmos. Os/as aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán aportar copia compulsada por autoridade española da credencial que acredite a homologación do seu título ao de Licenciado en Dereito ou Graduado en Dereito español, expedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
  • Certificado de ter superados os cursos de formación comprensivos do conxunto de competencias necesarias para o exercicio da profesión de avogado, e o período de prácticas externas tuteladas, acreditados conxuntamente polo Ministerio de Xustiza e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e inscritos no Rexistro Administrativo do Ministerio de Xustiza establecido ao efecto, dacordo có dispuesto nos artigos 6 a 8 do Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais, aprobado polo Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño.
  • Declaración responsable de non estar inhabilitado para o exercicio da profesión de avogado.
  • Tamén deberá indicarse claramente o nome e apelidos de cada un dos/das aspirantes coa finalidade de cumplimentar de xeito correcto el correspondente Título Profesional de Avogado. Asimesmo deberán indicar o enderezo completo ao cal se lles remitirá o correspondente Título Profesional.

O Ministerio de Xustiza –ou no seu caso a Comunidade Autónoma que asumira a competencia no seu Estatuto de Autonomía– expedirá o Título Profesional de Avogado de cada un dos/das aspirantes.