Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Obxectivos

A acreditación da aptitude profesional que supón unha determinada capacitación faise depender na nosa normativa, concretamente no art. 2 do Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006 sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos tribunais, da concurrencia das seguintes circunstancias:

  • Estar en posesión do título de Licenciado en Dereito, Graduado en Dereito ou doutro título de Grao equivalente que reúna os requisitos establecidos no artigo 3 deste regulamento.
  • Acreditar a superación dalgún dos cursos de formación comprensivos do conxunto de competencias necesarias para o exercicio de ditas profesións nos termos previstos neste regulamento.
  • Desenrolar un periodo formativo de prácticas en institucións, entidades ou despachos, relacionados co exercicio desas profesións.
  • Superar a proba de avaliación final acreditativa da respectiva capacitación profesional.

O Mestrado Universitario en Avogacía serve ao cumprimento, polo tanto, das condicións para o exercicio da profesión de avogado no noso país, dando resposta aos requisitos de formación establecidos tanto na Lei de Acceso coma no seu Regulamento de desenvolvemento.