Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Competencias

As competencias do Mestrado en Avogacía veñen determinadas e deseñadas a partir da normativa xeral estatal (fundamentalmente, o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (modificado polo Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo) e polas disposicións establecidas polo Goberno no Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais.

Compentecias básicas

  • CB1: Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • CB2: Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplios (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • CB3: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizo.
  • CB4: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  • CB5: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Compentecias xerais

  • CG1: Capacidade de aprender de forma autónoma.
  • CG2: Capacidade de resolver problemas de forma efectiva.
  • CG3: Capacidade de argumentar e rebatir ideas, aplicando un pensamento crítico e lóxico.
  • CG4: Capacidade de traballar de forma autónoma con iniciativa.
  • CG5: Capacidade de traballar en equipo e coordinar grupos de traballo.
  • CG6: Comportarse de xeito ético e responsabilidade social coma cidadán e coma profesional.

Compentecias específicas

  • CE1: Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grado á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
  • CE2: Coñecer as técnicas dirixidas á averiguación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a producción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
  • CE3: Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdiccionais nacionais e internacionais.
  • CE4: Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdiccional.
  • CE5: Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado có cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
  • CE6: Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuita e a promoción da responsabilidad social do avogado.
  • CE7: Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
  • CE8: Saber identificar os requerimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
  • CE9: Coñecer e saber aplicar na práctica o entorno organizativo, de xestión e comercial da profesión de avogado, así coma o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.
  • CE10: Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
  • CE11: Saber desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución na que o desenrola mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
  • CE12: Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de avogado.
  • CE13: Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
  • CE14: Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
  • CE15: Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cós cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.

Compentecias transversais

  • CT1: Capacidade de síntesis e análise.
  • CT2: Capacidade de xestión da información.
  • CT3: Capacidade de organizar e planificar.