Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Traballo Fin de Mestrado

O Traballo Fin de Mestrado consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito.

Para presentar e aprobar as propostas temáticas do TFM seguirase o seguinte procedemento, previsto nos artigos 8 e 9 da normativa para a elaboración do Traballo Fin de Mestrado:


Artigo 8. Presentación das propostas temáticas do TFM

Para presentar e aprobar propostas temáticas do TFM seguirase o seguinte procedemento:

  1. Na primeira quincena do mes de setembro ou nos cinco primeiros días tras o comezo das prácticas externas, o estudantado subirá á plataforma electrónica de apoio á docencia da materia TFM, dispoñible en FaiTIC, as súas propostas de TFM asinadas polas súas titoras/es.
  2. Para tales efectos, cada estudante deberá escanear e subir a través de FaiTIC en formato PDF o formulario recollido no Anexo I desta normativa, coa seguinte información:
    • Identidade e sinatura do/a estudante.
    • Identidade e sinatura (visto e prace) das persoas titoras.
    • Título do TFM (o título do TFM –non o tema– poderá modificarse, sen necesidade de presentar unha nova solicitude, ao longo da realización do TFM).
    • Breve memoria na que se indicará o tema do traballo, os seus obxectivos e o seu desenvolvemento.

Artigo 9. Asignación de TFM e titoría

A CAM aprobará as solicitudes de asignación da titorización e da proposta temática do TFM. No caso de que, por determinadas circunstancias, algunha solicitude non poida admitirse, as exclusións deberán ser motivadas debidamente pola CAM e abrirase un prazo de sete días naturais para reclamar fronte ás adxudicacións e para corrixir erros ou, eventualmente, presentar novas propostas.

Calendario TFM curso 2018/2019
PrazoProcesoData
ABERTO Prazo de presentación do anexo I en FaiTIC: 14 de setembro de 2018
Listaxe definitiva de propostas temáticas TFM
Tribunal Avaliador do TFM 2018/2019
Prazo para formular a solicitude telemática e presentar
4 copias do TFM en formato papel:
1º prazo (xaneiro): do XX/01/2019 ao XX/01/2019
2º prazo (marzo): do XX/03/2019 ao XX/03/2019
3º prazo (xullo): do XX/06/2019 ao XX/06/2019
Defensa do TFM: 1º prazo (xaneiro): 30 e 31 de xaneiro de 2019
Acta constitución tribunal TFM | Acordos tribunal TFM
2º prazo (marzo): marzo de 2019
3º prazo (xullo): 8 e 9 de xullo de 2019


Premios: