Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Alumnado de Dereito somérxese nos lindes entre a xurisdición administrativa e a penal

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este xoves a conferencia As relacións entre as xurisdicións contencioso-administrativa e penal, ofrecida por Manuel Rebollo Puig, catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Córdoba. O acto estivo organizado polo centro, o Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública e o Mestrado da Avogacía.

Durante a súa intervención Rebollo abordou “os lindes” entre a xurisdicións contencioso-administrativa e a penal. Para axudar a entender os casos nos que o exercicio da separación entre o dereito penal e o administrativo non é tan “simple”, o experto iniciou a súa intervención abordando a orixe da xurisdición administrativa, que, indicou “non naceu para o que hoxe pensamos”.

 

Ler a noticia completa no DUVI

Conferencia inaugural 2018/2019

Xornada de acollida 2018

Antes do comezo das clases, a Facultade de Dereito organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Mestrado Universitario en Avogacía.

A Xornada de Acollida 2018/2019 celebrarase o vindeiro 13 de setembro de 2018 na Sala de Videoconferencia da Facultade de Dereito a partir das 11.00 horas.

Os obxectivos desta xornada son:

  • Facilitar ao estudantado o tránsito dende o grao ao posgrao.
  • Presentar ao estudantado o Mestrado en Avogacía da Facultade de Dereito.
  • Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e, en concreto, na Facultade de Dereito.

 

Xornada de acollida 2018/2019

Xornada de acollida 2018/2019

Conferencia inaugural do mestrado 2018/2019

O vindeiro xoves 13 de setembro, ás 9.00 horas no salón de Graos da Facultade de Dereito, terá lugar a conferencia inaugural do Mestrado Universitario en Avogacía baixo o título "" e impartida polo Profesor Doutor Manuel Rebollo Puig, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Córdoba.


A asistencia será gratuita e libre ata completar aforo (con preferencia para integrantes –estudantado, PDI e Letradas/os– do Mestrado.

 

Coordinan:

  • Prof. Dra Mª Dolores Fernández Fustes
  • Prof. Dr. Roberto O. Bustillo Bolado

 

Conferencia inaugural 2018/2019

Conferencia inaugural 2018/2019

Proba de avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado - publicación de calificacións

Data de publicación das notas de exame:
8 de maio de 2018

Ler máis...

Acto de graduación da IV promoción do Mestrado en Avogacía

Data: 9 de marzo de 2018 ás 20.00 horas

Lugar: Salón de actos do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense (Rúa Concello 22, baixo)