Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Proba de avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado - admitidos, lugar e hora da proba

Resolución de 12 de febreiro de 2018, pola que se publica a relación definitiva de admitidos e excluídos á `roba de avaliación da aptitude profesional para o axercicio da profesión de avogado do ano 2018, e se determina o lugar, a data e hora para a realización da proba.

Ler máis...

Convenio para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais

No BOE do 2 de novembro de 2017 pode consultarse a Resolución de 19 de outubro de 2017, da Secretaría de Estado de Xustiza, pola que se publica o Convenio de colaboración entre o Consejo General del Poder Judicial, o Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais.

O obxecto do convenio é a realización polos alumnos de prácticas externas nos xulgados e tribunais da Comunidade Autónoma de Galicia.


Consulta o convenio no BOE

Proba de avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado - convocatoria 2018

Orde PRA/1174/2017, de 30 de novembro, pola que se convoca a proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión de Avogado para o ano 2018.

Data de realización: sábado, 3 de marzo de 2018

Prazo de inscrición: do 2 ao 21 de decembro de 2017


Máis información

Viaxe institucional ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O pasado 14 de novembro vinte e nove estudantes do Mestrado universitario en Avogacía do Campus de Ourense realizaron unha viaxe institucional ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Acudiron, en representación da Facultade de Dereito e do ICA de Ourense, acompañados dos coordinadores profesional e académica, do secretario da Comisión académica e da decana da Facultade.

A visita tivo para eles un especial interese formativo xa que puideron asistir a unha vista de apelación por un xuízo de asasinato na Sala do Civil e o Penal e de coñecer, a través do presidente, de maxistrados das tres salas e da xefa do gabinete de comunicación a organización, o funcionamento e a estrutura de órgano co que culmina a administración de xustiza en Galicia e dos principios e valores que o rexen. O grupo foi recibido polo presidente do Tribunal, D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, o presidente da Sala do Contencioso-Administrativo, D. José María José María Gómez y Díaz-Castroverde, o maxistrado da Sala do Civil e do Penal D. Fernando Alañón Olmedo e o maxistrado da Sala do Social D. Emilio Fernández de la Mata e organizada pola Xefa do gabinete Dna. María Pardo.

A dificultade e a gran responsabilidade do labor dos profesionais que, con auténtica vocación de servizo público, integran esta institución, foi unha lección maxistral difícil de esquecer para a formación dos estudantes e para o respecto que debe merecerlles esta Institución que contribúe a facer posible o Estado de dereito e a convivencia pacífica entre todos os cidadáns.

20171120
20171120 2
Ler máis...

Premio Manuel Olivencia ao mellor artigo xurídico

Coa fin de recoñecer e estimular a labor creadora e de investigación, e valorando o seu carácter práctico, o Ilustre Colexio de Avogados de Ceuta convoca, con carácter nacional, o premio “Manuel Olivencia” ao mellor relato xurídico.

Poderán concurrir todos os licenciados ou graduados en Dereito, españoles ou estranxeiros e concederase un premio de 3.000 euros.

A data límite para o envío do orixinal será o 1 de marzo de 2018.


Bases do premio