Antes do comezo das clases, a Facultade de Dereito organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Mestrado Universitario en Avogacía.
A Xornada de Acollida 2018/2019 celebrarase o vindeiro 13 de setembro de 2018 na Sala de Videoconferencia da Facultade de Dereito a partir das 11.00 horas.
Os obxectivos desta xornada son:
- Facilitar ao estudantado o tránsito dende o grao ao posgrao.
- Presentar ao estudantado o Mestrado en Avogacía da Facultade de Dereito.
- Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e, en concreto, na Facultade de Dereito.
