Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Xornada de acollida 2017

Antes do comezo das clases, a Facultade de Dereito organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Mestrado Universitario en Avogacía.

A Xornada de Acollida 2017-2018 celebrarase o vindeiro 22 de setembro de 2017 na Sala de Videoconferencia da Facultade de Dereito a partir das 16.00 horas.

Os obxectivos desta xornada son:

  • Facilitar ao estudantado o tránsito dende o grao ao posgrao.
  • Presentar ao estudantado o Mestrado en Avogacía da Facultade de Dereito.
  • Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e, en concreto, na Facultade de Dereito.

 

Xornada de acollida 2017-2018

Xornada de acollida 2017-2018