Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Convocatoria de Bolsas Santander CRUE-CEPYME 2017

Ábrese a sexta convocatoria do programa de prácticas Santander-CRUE-CEPYME, no que participa a Universidade de Vigo, co obxecto de promover a realización de prácticas de estudantes matriculados nas universidades españolas asociadas á CRUE durante un período de tres meses en pequenas e medianas empresas, facilitando así a súa posterior inserción laboral.

As condicións das bolsas e o procedemento para a súa asignación cambiou respecto das convocatorias anteriores.

Consulta as novas bases


Prazo de inscrición: ate o 23 de abril de 2017

Máis información