Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Política e Obxectivos de Calidade

POLÍTICA DE CALIDADE | OBXECTIVOS DE CALIDADE

Política de Calidade


A Política e Obxectivos de calidade da Facultade de Dereito foron aprobados orixinariamente o 5 de marzo de 2010 pola Comisión Permanente e revisados polo equipo decanal o día 27 de abril de 2011. O 6 de marzo de 2015, no marco do novo Manual de Calidade da Facultade de Dereito, a Xunta de Facultade do centro aprobou a política e obxectivos de calidade vixentes (Anexo 4 do Manual), tras a súa validación o 2 de marzo pola Comisión de Calidade.

Os eixes estratéxicos sobre os que pivota o deseño do SGIC da Facultade de Dereito e que constitúen as liñas mestras da política de calidade deste centro son os seguintes:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, as necesidades e expectativas da sociedade.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade da comunidade universitaria.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC do centro e as súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero.
  • Conseguir un compromiso permanente de mellora continua.

Sobre esos eixes, a Facultade define dez obxectivos de calidade:

  • Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade.
  • Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requerido.
  • Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
  • Difundir a oferta formativa.
  • Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación.
  • Mellorar os resultados académicos das titulacións.
  • Xestionar de forma efectiva os programas formativos.
  • Mellorar a cualificación do PDI e do PAS.
  • Mellorar a satisfacción dos grupos de interese.
  • Certificación da implantación do sistema de calidade do centro.

Obxectivos de Calidade


Procesos
Proced.
Obxectivos Indicadores Meta curso
2016-2017
AC
AC-0104 P1
AC-0201 P1
AC-0401 P1
DO
DO-0202 P1
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
Difundir a oferta formativa.
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico ≥ 20
Ocupación da titulación ≥ 66%
Preferencia ≥ 100%
Adecuación ≥ 70%
Nota mínima de acceso do estudantado ao título ≥ 5,5
DO
DO-0201 P1
Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación. Grao de satisfacción das persoas tituladas coa planificación e desenvolvemento da ensinanza ≥ 3/5
Grao de satisfacción do profesorado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza ≥ 3.5/5
Grao de satisfacción do alumnado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza ≥ 3.5/5
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudios ≤ 2/2
Taxa de rendemento ≥ 90%
Taxa de abandono ≤ 10%
Taxa de eficiencia ≥ 90%
Taxa de graduación ≥ 90%
Taxa de éxito ≥ 90%
Taxa de avaliación ≥ 90%
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. Seguimento das titulacións 100%
Acreditación das titulacións Renovación
PE
PA-05
PA-06
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. Cualificación do PDI ≥ 15 doutores
Resultados de investigación de carácter académico ≥ 30 sexenios
% de PAS en programas de formación ≥ 75%
MC
MC-05 P1
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. Grao de satisfacción das persoas tituladas ≥ 3/5
Grao de satisfacción das empresas empregadoras ≥ 3/5
Grao de satisfacción do profesorado ≥ 3.5/5
Grao de satisfacción do alumnado ≥ 3.5/5
DE
DE-02 P1
Certificación da implantación do SGC do centro. Certificación da implantación de sistemas de calidade Renovación