Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Validación de Títulos Estranxeiros

O Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a convalidación de estudos estranxeiros de educación superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado, supuxo un cambio importante con respecto á anterior normativa vixente nesta materia.

Ante as posibles dúbidas que puideran orixinarse sobre os procedementos recollidos neste real decreto, poden resultar de utilidade as aclaracións que se presentan a continuación a xeito de guía, agrupadas en tres casos principais (en concreto, o aplicable ao mestrado universitario en avogacía sería o caso 2 (páxinas 4 e 5)).

Guía sobre os procedementos de homologación e equivalencia regulados polo RD 967/2014